Dian Fossey era unha fisioterapeuta en San Francisco especializada en nenos que, non sei moi ben por que, se interesou polo xornalismo. Este interese levouna a viaxar polo mundo adiante. Nunha das súas viaxes coincidiu con Louis Leakey, un científico coñecido mundialmente polas súas prospeccións paleontolóxicas en África Oriental. Leakey debeu de cativala, porque, dun día para outro, Dian Fossey decidiu consagrar a súa vida aos gorilas de montaña. O esforzo de Dian Fossey contribuíu á recuperación da poboación destes gorilas e tamén á desmitificación do seu comportamento violento. Ela continuou cos traballos iniciados por un tal George B. Schaller e adoptou o seu método para poder observar en directo os gorilas de montaña. Schaller, consciente de que eran uns animais medorentos, ideou unha maneira de poder estar cerca destes primates sen que fuxisen. Dian Fossey ensinoume como se facía: tiñas que sentar no chan, agachar as mans e permanecer inmóbil. Cada dous ou tres minutos, tiñas que facer como se comeses e tamén tiñas que emitir os sons que fan estes animais cando están tranquilos e satisfeitos. A verdade é que así os gorilas non teñen medo e é relativamente fácil achegarse a eles. Eu conseguino nunha ocasión.

photo credit: Stefan Gara