mircoles, febrero 22, 2012 19:41

Archive for the ‘Novela’ Category

racismo: os negros albinos

Martes, enero 18th, 2011

Pinkman

—O racismo está presente nas diferentes etnias africanas. Nalgunhas tribos matan os albinos —afirmou Fran Lamas mentres se descalzaba e metía os pés no lago—. Unhas etnias africanas considéranse superiores ás outras. Para min, o racismo non está relacionado coa cor da pel. É inherente á condición humana.

Creative Commons License photo credit: Swiatoslaw Wojtkowiak

a mirada dun gorila

Lunes, diciembre 13th, 2010

“Mira aos ollos dun gorila e cambiarás para sempre”, dixo Steve Bloom. Eu fíxeno, máis dunha vez, e podo afirmar que a mirada doce, intensa e penetrante deste animal zumega xenerosidade de espírito.

somiglianze
Creative Commons License photo credit: Chiara Abbate

no Culturgal con música

Sábado, noviembre 27th, 2010

Venres 26 de novembro, ás 20:30 horas. Presentación no Pazo da Cultura de Pontevedra, no Culturgal. Ledicia Costas foi a voz do lector. Ánxela Gracián foi a voz do libro. Deggo Percusión puxo a música da novela.

presentación no CULTURGAL

Domingo, noviembre 21st, 2010

Venres 26 de novembro no Pazo de Cultura de Pontevedra, ás 20:30 horas.

Presentación a cargo de Pere Tobaruela e lectura de contos africanos da novela coa voz de Ánxela Gracián.

¡E a música africana de DEGGO PERCUSIÓN!

a novela

Viernes, septiembre 3rd, 2010

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona. Tal premio consiste nunha estadía de cinco semanas na cerna da selva ruandesa en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de divulgación e protección dos gorilas de montaña.

Nesta novela, o seu autor, Pere Tobaruela, combina a conradiana busca dun personaxe fascinante apegado ás raíces dun mundo primitivo —cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos— coa desesperada fuxida das mans duns asasinos brutais e abxectos. Faino cunha prosa elegante que contén reflexión, suspense, aventura, aprendizaxe e misterio.

Na cerna da selva é tamén a historia do encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África dos pigmeos, nunha redentora procura na que o protagonista descobre cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que lle cambiarán a súa maneira de afrontar a vida.


o corazón da escuridade

Lunes, mayo 24th, 2010

N’O corazón da escuridade Joseph Conrad fai unha narración autobiográfica dos seis meses que botou no chamado Congo Belga, a actual República Democrática do Congo, daquela un país devastado polo rei Leopoldo II de Bélxica. Conrad fala sobre as ignominias que se cometeron cos nativos. Todos os historiadores coinciden en que o tipo de colonización desenvolto polos belgas foi o peor con diferenza: cruel é terrorífico. A través do protagonista da súa obra, o vello mariñeiro Marlow, Conrad describe unha travesía polo río Congo co obxectivo de buscar a Kurtz, o xefe dunha explotación de marfil que encarna a actitude hipócrita e racista das potencias colonialistas europeas.

—Leo amodo. É un libro duro pero real como a vida mesma —advertiume miña nai.

Heart of Darkness
Creative Commons License photo credit: The Erik Ho

No cemiterio de Canterbury, na lápida da tumba de Conrad pódense ler estes versos de Edmund Spenser, un poeta contemporáneo de Shakespeare:

O sono tras o esforzo,

tras a tempestade o porto,

o repouso tras a guerra,

a morte tras a vida ben que compracen.

unha fuxida

Miércoles, mayo 5th, 2010


Creative Commons License photo credit: felix macpherson

Por desgraza, coincidiu que durante a miña estancia no seu campamento, o 26 de decembro, Dian Fossey foi asasinada a machetadas. O seu asasinato atribuíuse ao xefe dos cazadores furtivos de gorilas contra os que Fossey loitou porque, segundo ela, estes cazadores estaban levando os gorilas de montaña á extinción.

Para min o asasinato de Dian Fossey foi unha experiencia moi traumática. Daquela eu era moi novo para presenciar a escena dun crime. Non quero dicir que cando es máis vello sexas capaz de aturar unha cousa así: unha muller que me brindou a súa compañía e mais o seu coñecemento toda cuberta de sangre.

Cando estiven en Ruanda, o negocio da caza furtiva movía importantes sumas de cartos. Os cazadores furtivos estaban organizados en bandas que non tiñan nada que envexar á Mafia. Eu escapei dunha delas de milagre. Tiven que fuxir dos asasinos de Dian Fossey se non quería correr a mesma sorte ca ela. E esta fuxida levoume a vivir unha aventura na cerna da selva. Dúas semanas camiñando de aquí para acolá polo medio da selva máis remota. ¡Eu na selva profunda!, un medio hostil para un rapaz coma min, basicamente urbano que a duras penas sabía distinguir un carballo dun castiñeiro.

Naquela aventura selvática paseino fatal: frío, fame, medo. Pero tamén tiven a oportunidade de descubrir un mundo misterioso e ignorado…